Familia Caamagno + Cool Funeral

Marzo 04, 2016

nota:

Quen ben coñeza aos rapaces da Familia Caamagno xa saberá sobradamente que non son xente de alternar por discotecas ou bares nocturnos, de consumir combinados de xenebra con auga tónica, tan en boga entre a mocidade, ou de ter en xeral hábitos licenciosos. Pero a presentación do seu novo mini LP “Para unha vez que saímos”, gravado nos internacionais estudios Circo Perrotti de Xixón e editado polo selo compostelán Lixo Urbano, ben vale como excusa para facer unha excepción nos seus monacais costumes. É máis, prometen acabar máis jodidos que o cuñao de Rocky. Porque total, para unha vez que saen, non?

Os Caamagnos tamén contarán, en tan magna e despiporrante velada, cos voltaicos Cool Funeral, que directamente chegados das Rías Baixas abrirán a noite roqueando coma endiañados coas cancións do seu fenomenal traballo “You drive me crazy”.

Entradas anticipadas: 8€ (A Reixa Tenda, Miranda)
Billeteira: 10€

AXENDA

Facebook