Familia Caamagno

Abril 05, 2013

Migui: guitarra e voz principal; Samu: baixo e voz; Mon: guitarra e voz; Carlos: batería; Brais: teclado e voz… presentan Ritmo Serbio.

Familia Caamagno: Toni :batería e coros; Lano:guitarra baixa; Francesco:guitarra de ritmo e coros. Jess:guitarra de punteo; Manuele: voz e saxofón

Terbutalina:

Nace no 2010 entre Ventín, Muíño do vento e Esteiro (condados do estado de Muros).

Tras un 2012 no que revolucionou os de toda Galicia, Terbutalina volve aos escenarios e faino cun novo disco baixo o brazo. Gravado en Belgrado, Ritmo Serbio contén cancións rápidas e directas aos pulmóns que inciden na fórmula Terbutalina: festa, velocidade e empanada.

Galegos que parecen dispostos a mostra-las súas supostas raíces italoamericanas e traen un torrente de rock, garaxe e swing que acae moi ben ao vocalista, por veces tamén saxofonista.

Ademais da voz, dúas guitarras, o baixo e a batería integran un conxunto interesante que é capaz de manter ao público movendo as cadeiras incesantemente co seu bo facer e os seus ritmos do máis pegadizos.

AXENDA

Facebook

23:30 h.
Pub Clavicémbalo, Lugo.