Eladio y los Seres Queridos

Maio 03, 2013

nota:
6 € / 3 € (soci@s)
Eladio Santos é un vello coñecido do panorama musical español. Tras o seu paso por diversas formacións como Medusa, Foggy Mental ou Los Tres Sudamaricones, en decembro de 2007 e tras unha longa espera, publicouse en soporte físico o seu primeiro álbum como Eladio y Los Seres Queridos. Esto que tienes delante gravouse no selo zaragozano Grabaciones en el mar (El niño gusano, La habitación roja, La granja) e produciuno Juan de Dios (Deluxe, Marlango, La Unión) nos seus Estudios Casa Dios de Madrid. A primeira edición deste traballo esgotouse en cuestión de días. Xa no 2008 son recoñecidos como novo talento FNAC durante a primavera, e o seu videoclip ‘Espanha a las 8’ obtivo o premio do público no prestixioso Festival de Curtas de Cans, convertíndose así en todo un clásico nas televisións galegas. A partir de entón levan xirado por toda España acumulando fieis seguidores e críticas entusiastas. No 2011 inicia unha nova viaxe musical con Están Ustedes Unidos. Un ramallete de cancións chamadas a permanecer na nosa retina durante moito tempo. Para moitos, Eladio é un artista imprescindible que milita na liga do contra estilo, a contra tendencia e a atemporalidade. Con este traballo o diamante en bruto púlese, os seus temas gañan en peso, arranxos e matices sonoros que ata o de agora non empregara. Con todo, a intransitable estrada do pop en castelán atopa o seu percorrido natural con melodías adultas e letras que enchen os oídos dos máis novos e os máis veteranos. A súa naturalidade sen complexos fai que o difícil resulte asequible para varias xeracións. Sen dúbida un artista que se converte na grande esperanza da rexeneración artística da tantas veces maltratada escena musical española. Eladio é o mellor exemplo de como sonorizar as emocións. O calendario de xira do grupo comezou hai ano e medio e levoulles a ofrecer máis de 70 concertos por todo o teritorio nacional, incluíndo festivais como Primavera Sound, Sonorama Rivera, Ebrovisión, Vigo Transforma, Monkey Week, Festimad, Music Land ou portAmérica, entre outros. En agosto do ano 2011 o seu segundo single, El tiempo futuro entra nas listas da MTV, 40 Principales, Sol Música e Kiss TV, reafirmando así que os de Vigo veñen pisando forte co seu novo traballo e cun segundo single que “dá moito que escoitar”.

Inicio

AXENDA

Facebook

23:30 h.
Bar Liceum, O Porriño.
3 / 6 €