Vaia por diante que desde que os vin no Felipop do 2004 gozo dunha especial debilidade por este combo valenciano. O seu sétimo álbum podería significar xa o gran salto de recoñecemento popular que merecen abondo por varias razóns:
1) a banda segue a asinar estupendas cancións de corte clásico;
2) os textos de Manuel Bertrán seguen a ser salientábeis no panorama nacional;
3) as certeiras producción de Dani Cardona e masterización de José Mª Rosillo;
4) os coidados arranxos en todos os instrumentos: as teclas de Paco Tamarit, as guitarras, a batería, o baixo, a harmónica de Chumi;
5) o fantástico deseño de Chumi tanto no libreto como na web …
En definitiva, que son unos tremendos profesionais, uns currantes con bo gusto, e que das trece novas composicións sería inxusto non salientar o bo nível xeral. Algúns medios tempos poden resultar algo espesos, pero “Los tontos buenos tiempos”, “La mala herencia” (coa estupenda voz invitada de Víctor Ortiz, da banda dos anos 60 Los Huracanes), “Camino de regreso”, “Tengo amigos”, “Dios en el lóbulo parietal”, “Tres billones de latidos” ou “Exceso de compatibilidad” son verdadeiros dardos directo ao centro da diana, e xa mencionei a metade do álbum!!!
Non abonda o bo rock de sempre feito en castelán, así que non deixes pasar a oportunidade.
Pepe Cunha, 2-febreiro-2006