Convocado o XVII Concurso de Maquetas de CUAC FM, a radio comunitaria de A Coruña. 1500 euros en premios.

Xuño 16, 2015

A radio comunitaria de A Coruña, CUAC FM 103.4, convoca un ano máis o seu Concurso de maquetas para bandas e solistas de toda España sen contrato discográfico. Hai tres premios de 700 euros, 500 e 300, este último para a Mellor Banda Local.

A final celébrase o 17 de outubre na Sala Mardi Gras e ese día o xurado otorga ás duas bandas finalistas o primeiro e segundo premio (700 e 500).
O prazo para presentar os traballos finaliza o 23 de agosto.

As bases completas están neste enlace:

Facebook