Caxade

Maio 21, 2016

nota:

Sábado 21 Maio – CAXADE – Un dos grupos galegos que máis loubanzas recibeu nos últimos tempos por parte da crítica chega a Compostela co Premio da música Martin Codax recén recibido e co inicio da xira de presentación do seu novo traballo discográfico (segundo na súa carreira).
O disco chámase “E isto é o amor”, e na Sala Sónar teremos a primeira oportunidade de ver como sona ao vivo.
As entradas poderánse mercar na Reixa Tenda (de forma anticipada) ou na propia sala a noite do concerto ó prezo de 5€.
Hora apertura: 22:00h | Hora comezo: 22:30h

AXENDA

Facebook

22:00 h.
Pub Sónar, Santiago de Compostela.
5 €