Fixéstesnos saber algún(ha)s de vos que preferiades unha camisola orelluda de cor preta. Non se nos ocorre mellor momento para esa tiraxe limitada que conmemorarmos o décimo aniversario deste portal. Xa que logo, dámosvos uns días para facer as vosas encargas ao correo abretedeorellas@gmail.com co asunto “camisolas”.
Como ocorría coas de cor azul, xa esgotadas, a inscripción “ábrete de orellas” tamén irá baixo a caluga.
O prezo será probablemente de 8 € para cubrirmos gastos desta tirada. Apenas faremos algunhas máis que as encargadas, así que non vos demorades de estardes interesad@s.
Sería un pracer poder entregárvolas personalmente nos concertos que estamos montando este mes de marzo e dos que xa imos informando na web e no facebook. Se non, tamén está a opción de envialas por correo.
Apertas orelludas !!!