Boney Fields & Bakin Blues Band

Febreiro 20, 2014

XOVES 20 DE FEBREIRO na SALA CAPITOL (SANTIAGO D.C.)
Abrimos portas ás 21.30h

Entradas á venda en:A Reixa Tenda, Teatro Principal (18 a 21h de Martes a Sábado),
Salacapitol.com

12€ anticipada / 15€ en billeteira

nota:
Nado no norte de Chicago no 1958, Boney medra nun ambiente familiar onde a música é primordial en tódolos sentidos. É influenciado por músicos como James Brown, Earth Wind & Fire no funk, Louis Armstrong , Miles Davis ou Clifford Brown no jazz e Junior Wells , Buddy Guy, ou Albert King no blues, artistas aos cales ve nos clubs de Chicago que anos máis tarde el percorrerá como músico. Con Jimmy Johnson recorre todo EEUU nunha espectacular xira. Ao remate desta, decántase por trasladarse a Los Ángeles, onde tocará con grandes artistas como SMOKEY WILSON ou ALBERT COLLINS. No seu regreso a Chicago formará parte en dúas importantes formacións: The Little Milton Band e The James Cotton Blues Band, sendo esta segunda un punto de inflexión na súa carreira, colaborando con artistas e ídolos do talle de BUDDY GAY, JUNIOR WELLS, AC REED, EDDIE CLEARWATER… Un novo traslado levará a Boney a Texas, logo de tocar coa Chicago Burning Band, reclamado por Lucky Peterson para desenvolver a faceta de director musical da súa banda, que o levaría a xirar por Europa, África, Norteamérica e Xapón. Nunha destas paradas afincará en París co seu amigo Bernard Allison, facendo dúas grandes xiras europeas colaborando con ALPHA BLONDY. Na actualidade traballa no seu propio proxecto cunha gran proxeción de cara ao mercado europeo. Nesta visita de BONEY FIELDS a Compostela, a BAKIN BLUES BAND será a banda encargada de acompañar ao artista de Chicago.

AXENDA

22:00 h.
Sala Capitol, Santiago de Compostela.
12 / 15 €