Berlai

Abril 12, 2018

nota:
XOVES 12 21:00 6€

BERLAI

Cancións do Far West galego

Logo de presentar con éxito o seu primeiro disco, ‘Desconhecido’, o pasado ano, Berlai ofrece un concerto especial, con toda a banda ao completo, e con Ernesto G. Torterolo -autor do cómic que acompaña o disco- debuxando en directo, como parte do espectáculo. ‘Desconhecido’ é unha historia de amor e de tolemia -baseada nunha historia real acontecida na montaña de Lugo- contada en músicas e letras/poemas de Xiao Berlai e debuxos do artista Ernesto G. Torterolo. Unha historia do Far West galego, unha historia (real) dun home solitario que preferiu vivir e morrer só porque non lle deixaron vivir como el quería.

AXENDA

21:00 h.
Casa das Crechas,Santiago de Compostela.
6 €