Bakin” Blues Band “Ten Long Years”

Abril 16, 2018

Co fin de festexar 10 anos de traxectoria, esta banda compostelá edita por fin o seu primeiro “longa duración”. Desde 2008, con algún cambio na formación pero mantendo o núcleo instrumental e o espírito fraternal, a Bakin recibiu a participación de moitos músicos e serviu coma banda de apoio a artistas internacionais. Agora, tras moitas jams, concertos e 2 EPs, presentan neste “Ten Long Years” até 15 interpretacións ao vivo de composicións de referentes do blues, o jazz , o rhythm and blues ou o shuffle.

Con J.R. López e Martín Esturao na gravación e masterización destas actuacións no Liceo de Noia, a Sala Capitol e o Fisterra Blues Experience Festival, a Bakin entrega unha tarxeta de presentación na que gozarmos da súa solvencia. Revisan T-Bone Walker, Slim Harpo, Louis Jordan, Professor Longhair, Big Bill Broonzy, Albert King, Freddie King, Otis Rush, dous de Little Walter, Arthur Cradup e Lowell Fulsom, ademais de incluír dúas cancións propias que encaixan con facilidade: “Lost Boy” e “It”s Always Party Time at Home”.

Xa era hora de contarmos cun testemuño físico deste referente nas nosas salas a base da mellor tradición desas músicas chamadas negras e os directos intensos. E para isto, qué mellor que escoitalos en gravacións ao vivo ?

Pepe Cunha, 16-abril-2018

AXENDA

Facebook