Andrea Motis Quintet

Novembro 09, 2019

nota:

Andrea Motis: trompeta, voz e dirección musical
Ignasi Terraza: piano
Josep Traver: guitarra
Joan Chamorro: contrabaixo
Esteve Pi: batería

Andrea Motis Quintet

Trompetista, cantante e saxofonista, Andrea Motis é o talento mozo máis brillante do jazz catalán e un dos máis admirados do español que, con só vinte e tres anos, logrou gravar un álbum no lendario selo Impulse, onde o fixeron estrelas do resplandor de John Coltrane, Charles Mingus, Ray Charles, Duke Ellington, Count Basie, Dizzy Gillespie e Max Roach.

A madurez musical de Andrea Motis supera amplamente as expectativas derivadas da súa idade. Isto débese, en parte, ao feito de empezar a toca-la trompeta aos sete anos e a estudar jazz aos dez na Escola Municipal de Música Sant Andreu con Joan Chamorro, quen contaba coa adolescente para tocar na propia banda pouco despois.
Mentres seguía estudando no colexio, foi membro da Sant Andreu Jazz Band nove anos durante os cales participou na gravación de oito discos e tocou en directo con personaxes da altura de Wycliffe Gordon, Jesse Davis, Bobby Gordon e Dick Oatts por exemplo.

Ademais da trompeta, Motis toca o saxo alto. No 2010, aos catorce de idade!, grava o disco Joan Chamorro Presenta Andrea Motis, un traballo no que Andrea interpreta ambos instrumentos, se ben impera a súa voz.
Artista invitada ao Festival de Peralada 2011 polo mesmo Quincy Jones.

Hoxe fenómeno mundial do jazz, ofrece regularmente concertos en Europa, Xapón e América.

AXENDA