nota:
Xa temos cartel do Cantos na Maré 2014 coa poesía coma protagonista.
O berciano Amancio Prada, o moañés Xosé Manuel Budiño, o brasileiro Vitor Ramil, o portugués Luiz Caracol e a caboverdiana Gabriela Mendes serán protagonistas no cartel do concerto que se celebrará o 11 de xaneiro en Pontevedra, como sempre coa dirección artística de Uxía e a dirección musical de Paulo Borges.
Chegados do Bierzo, Brasil, Cabo Verde, Portugal e Galicia, todos manteñen un vínculo coa literatura e teñen musicado aos seus poetas de referencia
Crearán un repertorio exclusivo para o Festival Internacional da Lusofonía, centrado na poesía e con Rosalía de Castro como protagonista
Dúas charlas, un taller técnico e unha demostración didáctica completan un amplo programa de actividades paralelas ao festival, de acceso gratuíto
As entradas xa están á venda a través do servizo de Servinova (www.servinova.com ou no teléfono 902 504 500) ao prezo de 28€