ainara legardon “we once wished”

Marzo 10, 2011

Esta bilbaína foi vocalista e guitarrista da banda Onion até a disolución en 2003. Vai xa polo seu cuarto álbum en solitario e con selo propio (Winslow Lab), mais desta vez conta co apoio na distribución e promoción do sempre entusiasta Aloud Music (así que o temos dispoñible para descargar e á venda en coidados deseños en CD e vinilo). Os seus dous primeiros e máis acústicos traballos (“In The Mirror” e “Each Day A Lie”) foran producidos por Chris Eckman (dos Walkabouts) e amosábana máis íntima e melancólica. No terceiro, “Forgive me if i don´t come home to sleep tonight” apareceu a rabiosa enerxía que segue neste cuarto álbum coa produción axeitadamente austera de Paco Jiménez. O álbum reflicte tensión ao filo do arrrouto, con cambios de ritmo súpetos, que choutan da calma á violencia, nunha tormenta de agresividade roqueira e desgarrada xa desde as guitarras crúas e duras de “You gave me” e a voz en “I left”. Mais o cumio serían os ouveos e as guitarras rabuñadas da tremenda “Before Waking Up”. En consonancia cunha proposta tan persoal e austera, Ainara non só se encarga das voces e da guitarra, senón que tamén o fai da maioría dos baixos. Iso si, conta con colaboracións de Rubén Martínez de Tokyo Sex Destruction, Hannot Mintegia de Audience ou o novaiorquino Jason Victor, que acompaña a Steve Wynn cos Miracle 3 ou a Willard Grant Conspiracy. Non son cancións de fácil dixestión as de “We Once Wished”, un álbum salientable pola súa valentía, intimismo, intensidade e contención de medios. Talvez esteamos demasiado afeitos ás cousas edulcoradas, pero como comezaron PJ Harvey, Patti Smith ou Nick Cave?
Pepe Cunha 10-marzo-11.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook