aCadaCanto

Xuño 09, 2013

dentro da programación “Músicas posíbeis” no Teatro de Ribadeo.

nota:
Vivimos nunha terra inzada de encrucilladas, cuadrivios ou “catrocamiños”, eses puntos de incerteza e de casualidade (ás veces, as cancións tamén transitan esas dúbidas antes de mutaren á forma na que as coñecemos), mais é tamén verdade que hai encontros inevitables, coma os das augas dos regatos que se confunden nos ríos ao chegar á baixa dos vales.

Somos urdime dun cesto que garda músicas compartidas dende hai tempo… Guille e Guadi, Xabier e Xosé Lois; Guille e Xosé Lois; Guadi e Xabier… foron tantas as partillas que decidimos ordenar esta nosa multiplicidade e converter esas duplas e triplas encarnacións en cuarteto, a forma tradicional… Os Beattles, Os Gaiteiros de Soutelo…

Guillerme Fernández, Guadi Galego, Xabier Díaz e XoséLois Romero… ou coma os viaxeiros ás veces tropezan na encrucillada. Iso si, recoñecendo que saímos en tempo e velocidade axeitados para nos accidentar neste encontro. Imos sentar e facer unas cancións antes de continuar camiño!

AXENDA