A Nena e o Grilo van de festa

Agosto 31, 2015

nota:

pódese medrar a través de cancións e imaxes? o espéctaculo A nena e o grilo, de Magín Blanco –cos seus amigos– fainos, sen dúbida, un anaco
máis grandes. Música do século xxi con matices de pop, rock, reggae ou bossa nova, relatos que nos falan de que podemos aspirar a un mundo mellor, imaxes que nos achegan ás novas linguaxes.
Para saír cuns centímetros de máis, mesmo que sexa en doses de ilusión, creatividade e imaxinación. e tamén, como non, un chisco máis felices

AXENDA

21:00 h.
Praza de Amboaxe, Ferrol.
De balde.