a II Semana da Música ofrecerá a partir do luns unha decena de conferencias e máis de 500 minutos de música en directo

Xuño 07, 2017

nota.

O centro cívico Cidade Vella será o epicentro das mesas redondas que comezarán o día 12 ás 18.00 horas. A maiores, haberá workshop, exposicións e masterclas. A partir do mércores, a axenda completarase coas actuacións en directo

A II Semana da Música reunirá a centenares de programadores, produtores, promotores, managers e músicos en torno a unha decena de conferencias que comezarán o próximo luns 12 de xuño e que estarán abertas ao público en xeneral. Un espazo de debate e traballo no que, como non podía ser doutro modo, tamén haberá lugar para as actuacións que sumarán máis de 500 minutos de música en directo.

Esta iniciativa, organizada por ACCES (Asociación Estatal de Salas de Conciertos) e Clubtura (Asociación Galega de Salas de Conciertos), conta con diferentes colaboradores e patrocinadores que quixeron encher de ritmo A Coruña con cinco concertos, un en cada unha das salas coruñesas asociadas:

Joana Serrat coorganizado con AiEnRuta o mércores 14 no Baba Bar
Abe Rábade coorganizado coa Fundación SGAE o mércores 14 no Jazz Filloa
Pablo Und Destruktion coorganizado con AiEnRuta o xoves 15 no Mardi Gras
Toundra + The Tyrell Corporation coorganizado con Son Estrella Galicia, o venres 16 no Playa club
Nathan Fake coorganizado con Son Estrella Galicia o sábado 17 no Garufa club

Cinco citas imprescindibles, algunhas delas como o concerto SON Estrella Galicia de Toundra- única en Galicia, que serán o eixo central da oferta cultural que a II Semana da música ofreza á cidade, pero non a única proposta. Aos concertos en directo sumaranse opcións de ocio e cultura para todos os gustos baseados en outras disciplinas artísticas moi vinculadas á música, como a fotografía, cunha exposición de fotógrafos locais, unha conferencia sobre a arte do videoclip ou a presentación do libro “La cara oculta de la luna: las 50 portadas esenciales del rock”, de Xavier Valiño.

As charlas serán inauguradas o luns 12, ás 18.00 horas, co relatorio do fotógrafo Juan Pérez Fajardo, especializado en fotografía musical, que dirixirá a intervención A fotografía na música. Do directo á portada do disco.

O martes, coa colaboración de Acción Cultural Española (ACE), arrincará coa mesa redonda “Cidades Musicais”, que contará coas intervencións de LoretoAlba (Veranos de la Villa/Madrid), Chris Garrit (Alcalde de la noche Groninga), Xulio Vázquez (Concello da Coruña), Carlos Espinosa (Riff Producciones) e Jordi Puy (Sound Diplomacy); que será simultáneo co workshop “Produción en xira” (Workshop), dirixido por Curro Melero (Dirección e Produción Técnica /
Xefe de xira).

O mediodía será terreo do marketing, coa charla “Novas tendencias en Marketing Dixital”, de Ismael García, Director de Marketing de Ticketea, e xa pola tarde poderemos desfrutar do relatorio “Introdución ao Marketing Dixital e Conceptos Básicos de Campañas. Análise do Entorno Dixital e as Plataformas. Tendencias e Mellores Prácticas”, a cargo de Ángel Navas, Co-fundador de IndustriaMusical.es e da Agencia Music+.

Na Fundación Paideia, as Xornadas de Industriais Musicais propoñen a mesa redonda Xestión de talento, que fago co meu master?: Selos, lanzamento,
promo e xira. Os pasos a seguir cun novo traballo, na que participarán Jacobo Sútil (AGADIC), Guillermo Vergara (Fundación Paideia), Teba Chacón (Radio Coruña, Cadena Ser), Paco Loco (Paco Loco Estudio), Patricia Gabeiras (Legal Music).

Análise dos datos dun sector fundamental
O mércores centrarase nunha das facetas máis interesantes da II Semana da Música, baseada no análise dos datos do sector en toda Europa e en España. Por encargo da Dirección de Promoción de Industrias Culturales de la Secretaría de Estado de Cultura serán dúas charlas, especificamente centradas en coñecer a realidade dun sector que en España move cifras de emprego –especialmente emprego novo e feminino- moi altas.

As charlas Presentación e comparativa dos datos do sector das salas de Música en directo en Europa, dirixida por Arne Dee, coordinador europeo de
recollida e análise de datos (Live DMA), e “O análise e importancia dos datos no sector da Música en Directo en España”, participada por Jesús López Palmero (SGAE), Patricia Hermida (IMMF), Carmen Zapata (ASACC), Joaquín Martínes (A.R.T.E.), desenvolveranse na mañá do mércores na Fundación Paideia, e serán un dos actos centrais da II Semana da Música.

A tarde do martes as citas regresarán ao Centro Cívico Cidade Vella, coas ponencias “Como poñer en marcha un selo discográfico: Primeiros pasos para lanzar un disco de forma profesional”, a cargo de Noemí Planas, Directora executiva de UFI, e “Sácalle todo o partido posible a Twitter e a Youtube”, por Javier Lorbada, periodista musical, youtuber e especialista de comunicación en redes sociais. Ao mesmo tempo, a Escola Municipal de Música acollerá
a MASTERCLASS de Abe Rábade sobre repertoria de Jazz e improvisación.

Audiovisual e entorno 2.0. a debate
O xoves, e tras ter entrado xa en materia coas charlas de martes e mércores, abordarase desde unha perspectiva altamente profesionalizada o entorno audiovisual e 2.0. cos relatorios O videoclip: creación ou ferramenta de promoción?, a cargo de Manu Viqueira (Troubled Times/Green Day), Valentín Álvares (El Último Viaje/Santiago Auserón), Lara Capeáns (Directora audiovisual); e “Axudando aos músico a sobrevivir na xungla dixital” con Luis Mendo (Suurbano) Vicepresidente de AIE e Nacho Gº Vega (Nacha Pop).

Inscricións abertas a través da web
www.salasdeconciertos.com
Todas estas citas son accesibles ao público xeral previa inscrición gratuíta a través do enlace http://salasdeconciertos.com/semana-de-la-musica-2017/solicitud-inscripcion-2017/, unha plataforma de permitirá ao inscrito descargar a súa propia acreditación e daralle acceso ás charlas, obradoiros,
debates e relatorios, ata completar o aforo previsto.

AXENDA