A banda da loba

Xaneiro 06, 2018

nota:

Integrada por cinco mulleres (Andrea Porto, Estela Porto, Inés Mirás, Marcela Porto e Xiana Lastra) que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto, destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk… e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical.

Facebook

23:00 h.
A Pousada das Ánimas, Boiro.