A Asociación República Musical Mardi Gras edita 1000 copias dun CD con bandas coruñesas

Abril 15, 2021

nota:

As 20 bandas e solistas presentes no disco estaban convidadas onte, 14 de abril, no Palco da Música da Coruña para recoller as copias do Cd para o que cederon unha canción orixinal. Tamén asistiron os irmáns de Jaime “Portobello” Manso do que hai unha fotografía cedida por César Quián no interior do disco, así como representantes da Xunta Directiva da Asociación e de salas de concertos da cidade.

O acto serviu tamén para apoiar unha reividicación que xa ven de longo. O sector considera positivo que se aprove un regulamento municipal no que terían cabida salas de concertos, salas de teatro, de exposicións e librarías con progrmación de eventos regular que otorgase o recoñecemento de “Espazos de Interés cultural e turístico da Coruña” a aquelas salas e espazos que cumplan unha serie de requisitos e leven anos mantendo un compromiso coa cultura.

O disco foi masterizado en A Coruña pola empresa local Microrec e contou co deseño gráfico de Isaac Peces, tamén Dj. que visita con frecuencia o cirduito de salas galegas. A variedade musical é unha das características do Cd que comeza coa rockeira Arriba Coruña de La Banda del Camión e péchase con Mardi Café, de Las Antonias, homenaxe á sala Mardi Gras. Estas son as vinte bandas e artistas que fixeron posible o lanzamento do disco: La Banda del Camión, 7 Puertas, Superfuzz, Vincent Black Shadow, Dagla, Tunduru, Elman, Punk para Perretes, Furacán, Cloaca, Mar de Fondo, Zénzar, Apolo Colective Club César de Centi, Silvia Penide, Paris Joel, Devalo, Zabala e Las Antonias.

A recadación lograda coa venda dos discos, financiada coas cuotas de socios e aportacións, será destinada a crear o Fondo de Anticipos Republicanos, un sistema de adianto de cartos a profesionais do sector da música que pretende funcionar ao longo do tempo para axudar a aqueles que vexan que os pagos van chegar tarde e precisen os cartos con urxencia.

O disco está dispoñible xa en 11 puntos de venda, pequenos negocios locais aos que tamén se dexexa apoiar dende a República e que aproveitando a visita para mercar o CD a clientela aproveite para consumir. Son os seguintes: Rock Box (Pérez Cepeda)
Psicodelia (Rúa Nova)
Re Read (San Andrés)
La Galleta Music Shop (Estrecha San Andrés)
Cervecería Creedence Rock (Manuel Murguía)
Bar Chaflán (Antonio Viñes)
Café Doré (Ronda de Nelle)
The Black Dog Tavern (Ciudad Vieja – Colegiata)
Confitería cafetería Migas (Calle Torre 102)
Kirei Estética y bienestar (Zalaeta 11 bajo D)
Admin de Fincas Novo Mesoiro (Avda Novo Mesoiro 28)
A Barbería (rúa Orzán)
Bristol Bar (Torreiro)

Grazas pola vosa atención!
Viva a República
Máis información acrepublicamardigras@gmail.com

AXENDA

Facebook

1 day ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook