novo disco de Xoel López

Xaneiro 31, 2012

O novo disco de Xoel López chamarase “Atlántico” e verá a luz o 17 de abril. Tras pertencer a Elephant Band e acadar o éxito co seu proxecto persoal Deluxe, este sera o primeiro traballo baixo o seu nome.

Poñendo fin á etapa Deluxe decidiu viaxar a Bos Aires, onde reside actualmente, co fin de percorrer o continente americano en busca de inspiración, novos retos e reinventar a súa proposta. Por isto “Atlántico”, que fai o álbum número 12 na súa carreira musical, será o seu traballo máis meditado.

Gravado entre marzo e setembro de 2011, a cabalo entre Bos Aires e A Coruña, está producido polo propio Xoel e o habitual Juan de Dios ( Deluxe, Amaral, Rubén Pozo…). Tamén Juan de Dios se encargou das mesturas nos seus Estudios Casa Dios de Madrid.

AXENDA

Facebook