Jorge Drexler

Outubro 12, 2019

nota:

Apertura de portas: 19:30h
Concerto: 20:00h
Venda de entradas na billeteira do Pazo

“O silencio como materia prima, a canción tal cal chegou a este mundo, un infinito enteiro nun segundo, unha guitarra, un verso, unha tarima.” Jorge Drexler sobre “ SILENTE”

Drexler proponnos un concerto en solitario, nas antípodas da súa xira anterior.

O retorno a un dos seus formatos máis celebrados: unha guitarra e unha voz, combinados coas ferramentas contemporáneas para xerar paisaxes sonoras e visuais ao servizo da forma máis inmediata das súas cancións.

Un concerto unipersoal, co silencio como materia prima e marco para a comunicación.

“ SILENTE” chega tras unha extensa xira de 100 concertos en 13 meses, presentando xunto coa súa banda o último traballo de estudo “Salvavidas de xeo”, que pasou por 17 países, 80 cidades, onde o viron máis de 150.000 persoas e que foi nomeado en 2018 a un Grammy Award e a cinco Latin Grammys.

Prezos Entradas: 20€ tarifa xeral / 14€ tarifa reducida

Entradas á venda na billeteira do Pazo da Cultura de Narón ou a través da web do Padroado da Cultura de Narón:

Facebook

11 hours ago

Ábrete de orellas
O SONORO MAXÍN, banda referente da Galicia tropical con mensaxe, volve cun EP titulado como a canción que o abre e desde xa un dos versos dos ano: “A primavera ten que ser nosa”. Culturactiva S. Coop. Galegaabretedeorellas.com/o-sonoro-maxin-a-primavera-ten-que-ser-nosa/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:00 h.
Pazo da Cultura de Narón.
20 €