3rd Rock-A-Billy Boogie Night: Graham Fenton + Wild Rooster + May Thai & Los Torino Rockets

Xaneiro 26, 2013

Sala Capitol
Concepción Arenal, 5
Santiago de Compostela

Entrada Adiantada: 18€ / Taquilla: 20€
A Reixa Tenda e Mercromina Rock Bar (Santiago D.C), Babia Café (Milladoiro),
Bobber Café (Bertamiráns) e Bar Princesa (Vigo). Tamén Venda On Line en Ticketea.es

O Sábado 26 de Xaneiro celebrarase en Santiago de Compostela a 3ª Edición do Festival Rock-A-Billy Boogie Night. A cita terá lugar na Sala Capitol a partir das 20.30h e contará coas actuacións de May Thai & Los Torino Rockets (Rock & Roll desde A Coruña), Wild Rooster (Potente Banda Sueca de Teddy Boy Rock & Roll) e como cabeza de cartel, este ano contaremos coa presenza do Británico Graham Fenton (Líder e vocalista da Banda “Matchbox”, referente do Rock & Roll con máis de 30 anos en activo, máis de cinco millóns de discos vendidos en todo o mundo e intérprete de Hits coma “Rockabilly Rebel”, “Midnight Dynamos” ou “Buzz Buzz A Diddle It”. Rock & Roll e Rockabilly sen concesións desde U.K.). Entre actuación e actuación o coñecido Dj Compostelán Rafa Morcego (A Reixa) amenizará o Festival servindo Exquisitos Pratos de Rock & Roll.

As Entradas Adiantadas pódense adquirir por 18€ en A Reixa Tenda e Mercromina Rock Bar (Santiago D.C.), Babia Café (Milladoiro), Bobber Café (Bertamiráns), Bar Princesa (Vigo) e Ticketea.es (Venda On Line). A Entrada en Taquilla terá un prezo de 20€.
http://www.salacapitol.com

AXENDA

Facebook

2 hours ago

Ábrete de orellas
🌀 Ombligo será a banda encargada de pechar a xornada previa ao #Sinsal2024 SON Estrella Galicia, a tarde do 25 de xullo na Terminal Kaleido Logistic do porto de Vigo. O dúo, formado por Anika e Ángel Cáceres, naceu ao calor do seu amor pola música “gyspsy” e foise desenvolvendo nos vagóns do Metro de Madrid, fusionando distintos estilos e raíces: swing, folk tradicional, bolero ou música progresiva.No Escenario Océano presentaránnos o seu segundo álbum 'Intrépido viaje a velocidad cero' (2023), co que nos feitizarán cunha nova música de raíz e fusión, que nos leva a un mundo melódico e lírico, sincero e candoroso, no que mestura o seu tradicional minimalismo, con novos estilos como o filmscore, o progresivo, a música balkánica ou á clásica.Unha delicia a descubrir o 25 de xullo tras a visita guiada a través dos materiais e grandes bloques de granito da Terminal de Kaleido, que comeza ás 20.30h. ℹ️ Toda a información en: festival.sins.al/gl/festival/sinsal-son-estrella-galicia-2024/escenario-oceano🎟️ Entradas á venda en Enterticket: bit.ly/entradas-oceano-sinsal---(ES)🌀 Ombligo será la banda encargada de cerrar la jornada previa al Sinsal SON Estrella Galicia, la tarde de 25 de julio en la Terminal Kaleido Logistic del puerto de Vigo. El dúo, formado por Anika y Ángel Cáceres, nació al calor de su amor por la música “gyspsy” y se fue desarrollando en los vagones del Metro de Madrid, fusionando distintos estilos y raíces: swing, folk tradicional, bolero o música progresiva.En el Escenario Océano nos presentarán su segundo álbum 'Intrépido viaje a velocidad cero' (2023), con el que nos hechizarán con una nueva música de raíz y fusión, que nos lleva a un mundo melódico y lírico, sincero y candoroso, en el que se mezcla su tradicional minimalismo, con nuevos estilos como el filmscore, el progresivo, la música balkánica o a la clásica.Una delicia a descubrir el 25 de julio tras la visita guiada a través de los materiales y grandes bloques de granito de la Terminal de Kaleido, que comienza a las 20.30h. ℹ️ Toda la información en: festival.sins.al/gl/festival/sinsal-son-estrella-galicia-2024/escenario-oceano🎟️ Entradas a la venta en Enterticket: bit.ly/entradas-oceano-sinsal 🏷 #FestivalSinsal #Sinsal2024 #FestGalicia #Xacobeo #sinsalsenrastro #escenariooceanosinsal Deputación Pontevedra @Turismo Rías Baixas Axencia Galega das Industrias Culturais Ministerio de Cultura Platu Premium Cosferla Industrial Aceites Abril Gadis Marlene Grupodonoso Leyma Natura Camões, I.P. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:30h.
Sala Capitol. Santiago de Compostela.
18 / 20 €