VIII edición do Festival Alternativo Millo Verde en Redondela, 5, 6 e 7 de xuño en Redondela

Xuño 02, 2014

nota:
VIII FESTIVAL ALTERNATIVO MILLO VERDE
Este ano volve a oitava edición do Festival Alternativo Millo Verde con máis forza que nunca!Queremos dar un paso hacia adiante ó que nivel de festival se refire, xa que cremos que ningún festival polo menos a nivel galego ofrece un evento de tales características.
A mistura entre grupos internacioais con grupos de Galiza, vese fortalecida nesta edición pola actuación do grupo portugués Blasted Mechanism, grupo consolidado a nivel mundial e considerado unha das mellores bandas do país veciño.
E non so iso, complementamos o aspecto musical cunha oferta de actividades onde poden participar todo o que queira acercarse a Redondela nese fin de semana: jam graffiti, campionato de basket 3×3, exhibicións de danza africana e breakdance, obradoiros para nenos, artistas de rúa e o máis que coñecido eskalabirras entre outras…
E coma sempre: Concertos, actividades e acampada son de balde!!!!

PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL
ACTIVIDADES DE DÍA
– Basket 3×3: Equipos formados por 4 persoas xogarán un campionato na pista de
baloncesto anexa á Alameda.Venres 6 e Sábado 7. (16h a 20h)
– Jam Graffiti: Realización e exposición de graffitis no palco da Alameda, sumándose á cita algunha obra feita nalgunha das paredes da vila en desuso. Venres 6 e Sábado 7. (17h a 20h)
– Obradoiros a cargo de Xoeira: Este ano volve colaborar a Asociación Xoeira cos máis cativos. Montarase un obradoiro para creación de espantallos, deixando voar a sua creatividade. Venres 6.(17h a 18.30h)
– Danza Africana: Mostra e obradoiro de danza africana a cargo das alumnas da Escola Mesturas con Cristina Malvarea ó frente. Volven para deleitarnos e enseñarnos novos ritmos africanos, poidéndose animar quen queira. Venres 6.(19h a 21h)
– Eskalabirras: Volverase tocar o ceo de Redondela! Axudados por técnicos, intentaráse batir os records de escalada de caixas de cervexa na Alameda de Redondela. Sábado 7.
(17h a 21h)
– Breakdance: Nova actividade na que ensinaranse pasos básicos de baile a cargo de Héctor Gésex. Ademáis de obradoiro de pasos de breakdance, fará unha exhibición para delicia dos asistentes. Sábado 7.(18h a 19h)
– Artista de Rúa: Este ano acompáñanos Asacocirco co seu espectáculo “Casal em risco”.
Esta agrupación farannos desfrutar co sua obra que mistura comedia con acrobacias.
Sábado 7.(19h a 20h)
– Concertos á tardiña: Concerto a cargo de Xenderal ó lado do campo da Alameda.
Sábado 7.(20h a 21h)

CONCERTOS
XOVES
– CHALECO REFLECTANTE
(20.00, Alameda de Redondela)

VENRES
BREAKIN ́ BONES (Vigo/Galiza)
THE BUCKET BOYZ (Amsterdam/Holanda)
MAISON DU MALHEUR (Amsterdam/Holanda)
XENDERAL (Cerceda/Galiza)

SABADO
CARAMUXO VERMELLO (Redondela/Galiza)
MUYAYOS DE RAIZ (España)
BLASTED MECHANISM (Lisboa/Portugal)
TRICICLO VIVO (Oporto/Portugal)
HORA DE COMEZO CONCERTOS: A partir das 22.30h o Venres e o Sábado.
SITUACION: Avd. Mendiño (explanada-aparcamento entre

AXENDA

Facebook