VII Festival NigránJazz: Iago Fernández Quartet + Gilad Hekselman Trio +

Agosto 10, 2013

Desde seu comezo, o festival NIGRANJAZZ pretendeu ser un espazo para os cada vez máis e mellores músicos de jazz galegos, sin renunciar por iso a ser un festival de dimensión internacional e cunha calidade musical contrastada. En edicions anteriores o festival fixo propostas creadas específicamente para o mesmo; mezclando músicosgalegos e portugueses cun resultado moi positivo, tamén tivemos o placer de presentar os discos de Xan Campos, Yago Vázquez, Alberto Vilas… Na pasada edición tivemos o honor de acoller unha banda auténtico all-stars do jazz mundial liderada polo incomparable guitarrista Peter Bernstein.

Este ano o Festival pretende consolidarse como unha referencia en Galicia volvendo a contar cun nome importante do jazz internacional, Gilad Hekselman. En esta ocasión estará acompañado polol gurú do contrabaixo Paco Charlín e o baterista portugues Ze Marrucho.

Ademáis contaremos coa presenza do quinteto de Iago Fernández, probablemente o músico de Jazz galego más solicitado ámbito nacional e internacional.

O programa desta edición, que por motivos de presuposto se verá reducido a un único pero intenso día, incluirá entón:

SÁBADO 10 AGOSTO

Esteiro da Foz (Ramallosa)

21:00 h: IAGO FERNÁNDEZ QUINTET
22:30 h: GILAD HEKSELMAN TRÍO

PÉNJAMO SUNBAR (Patos)

00:30 h: JAM SESSION CON JAVIER “GDJAZZ” PEREIRO QUARTET

VII FESTIVAL NIGRANJAZZ

IAGO FERNANDEZ QUINTET

“AGROMANDO”
Iniciou os estudos musicáis no Conservatorio Profesional de Música de Cangas, especialidade de Percusión co profesor Luís Carballo. Entre
2002 e 2006 frecuentou o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (spjp) cos profesores Abe Rábade e Paco Charlín. En 2005 e 2006 asistiu ao Workshop de Tavira (Portugal) onde recibiu clases de Tony Moreno, John O”Gallagher, Allan Ferber, Dave Phillips, Rez Abasi, Russ Johnson e Russ Lossing. Ten participado en Master Classes con Miguel Zenón, E.J. Strickland, Jeff Williams, Donald Edwards, Jonathan Blake, Walter Smith III, Marcus Gilmore, Aaron Goldberg, Mike Moreno, Marcus Strickland, Lage Lund, Logan Richardson, Ambrose Akinmusire, Greg Rugiero, Jaleel Shaw, Jonathan Kreisberg, Jesús Santandreu, Bruno Pedroso, Carlos Barreto, Joao Moreira, Mario Barreiros e Ramón Angel Rey entre outros.
En Xullo do 2007 foi finalista do Concurso Internacional de grupos do Festival de Jazz de Getxo co grupo Mr. Chacho, teloneando ao mesmísimo Charlie Haden. Dito grupo tamén foi seleccionado polo instituto da xuventude (INJUVE). En Agosto do 2009 participou no “Begues Jazz Camp” onde recibe clases de Ben Street, Mark Turner, Jordi Rossy, Ben Monder e Michael Kanan.
En Xuño de 2011 graduouse no centro superior de música do País Basco (Musikene) na especialidade de jazz-batería, no cal recibiu clases de Jordi Rossy, Perico Sambeat, Jo Krause, Albert Sanz, Guillermo Klein, Chris Kase e Guillermo McGuill entre outros. Pontevedra, Lugo, Vigo, Las Palmas, San Sebastián, etc) ademáis de Guayaquil e Quito (Ecuador), con músicos moi reconocidos como Perico Sambeat, Jesús Santandreu, Marcus
Strickland, Lage Lund, Masa Kamaguchi, Javier Colina, Albert Sanz, Chris Kase, Jordi Rossy, Paco Charlín, Nelson Cascais, Abe Rábade, Guillermo Klein, Demian Caboud, André Fernandes, Pedro Moreira, Javier Vercher e Andrzej Olejniczak entre outros. Tamén gravou xa unha decena de discos, entre os que destacan Sound Colors de J.Santandreu (FSNT-2008), Guruka de N.Cascais (TOAP-2008), Canjazz Reunion de Canjazz Reunion (FCJR-2008), Evolution de Vistel Brothers (FSNT-2009), Orixe Cero de Xan Campos (FCJR-2011) e Six de Chris Kase (Karonte-2012). En Decembro de 2011 edita o seu primeiro disco como líder titulado “Agromando”.

Nesta ocasión preséntanos o seu quinteto composto por Demian Cabaud ao contrabaixo, Xan Campos ao piano, Virxilio da Silva á guitarra e Zé Pedro ao saxo tenor. Ten tocado nos máis importantes festivais de jazz do país (Getxo, Madrid, Ibiza,

VII FESTIVAL NIGRANJAZZ

GILAD HEKSELMAN TRÍO

“Paco Charlín: Contrabaixo; Ze Marrucho: Batería” Gilad Hekselman, dende a súa chegada a New York en 2004 foi gañando unha excelente reputación coma un dos máis prometedores guitarristas de jazz. En poucos anos este israelí compartiu escenario con algúns dos mellores artistas da escena jazzística de New York coma Chris Potter, Mark Turner,John Scofield, Anat Cohen, Ari Hoenig, Esperanza Spalding, Sam Yahel, Jeff Ballard, GretchenParlato, Avishai Cohen, Jeff”Tain” Watts, Tigran Hamasyan, Aaron Parks ou Greg Hutchinson. Ten tocado nos mellores clubs de New York incluindo o Blue Note, The Jazz Standard, Dizzy”s Club ou Smalls. Está constantemente xirando polo mundo enteiro e xa ten tocado nos mellores festivais do planeta: Montreux, North Sea, Montreal ou San Francisco.
Gilad foi o gañador da edición do 2005 do Gibson Montreux International Guitar Competition. No ano 2006 edita o seu primeiro album SplitLife (Smalls Records) grabado co baixista Joe Martin e o baterista Ari Hoenig. Este album foi recibido con moi boas críticas, así coma o segundo:, Words Unspoken (LateSet Records), grabado en 2008 con Joe Martin, Marcus Gilmore e o saxofonista Joel Frahm. En 2009, Gilad grabou tres temas para Walt Disney Records, un deles foi incluido en ”Todo o mundo quere ser un gato” (2011). O disco conten versions de temas de Disney tocadas por os músicos de jazz máis destacados, Dave Brubeck, Joshua Redman, Esperanza Spalding, Diane Reeves, Roy Hargrove, Kurt Rosenwinkel, The Bad Plus…Na primavera de 2010 Gilad grabou o seu terceiro album, Hearts Wide Open, con Joe Martin, Marcus Gilmore e saxofonista mundialmente aclamado Mark Turner, un proxecto que Gilad define coma o seu mellor traballo de lonxe. O disco recibiu excelentes críticas e apareceo
nas listas de mellor album en revistas coma New York Times, Amazon ou iTunes. En Abril de 2013, Gilad edita o seu cuarto album, This Just In. Nacido en Israel en 1983, Gilad estudiou piano clásico dende os seis anos e comezou coauitarra aos nove anos. Dende os doce a os catorce anos tocou na banda dun programa televisivo infantil. Asistíu a prestixiosa Thelma Yellin School of Arts, obtendo a máxima calificación con 18 anos. Gilad recibiu a America – Israel Cultural Foundation Scholarship para continuar os seus estudios en The New School en New York, onde obtivo a sua licenciatura.

VII FESTIVAL NIGRANJAZZ

Javier “GDJAZZ” PEREIRO QUARTET + JAM SESSION
Pénjamo Sunbar (Patos)

As jam sessions son un elemento esencial do jazz, moitas veces asistimos nelas a os mellores momentos musicais do festival. As jam session han de ser unha oportunidade para o público de achegarse, de introducirse dentro do mundo do jazz e disfrutar de unha noite máxica escoitando jazz, bailando, charlando con los músicos… ademáis este ano o marco e insuperable, o Pénjamo Sunbar, situado ao caron da praia de Patos. A programación este ano aposta por un cuarteto liderado polo excelente trompetista galego Javier “Gdjazz” Pereiro, que recentemente publicou o seu primeiro traballo coma lider “Black May” acompañado dos mellores músicos americanos.

http://gdjazzmusic.com/www.facebook.com/Nigranjazz

AXENDA

Facebook

21:00 h.
Esteiro da Foz (Ramallosa, Nigrán.
De balde.