The Selecter actuarán en Galiza

Marzo 04, 2012

THE SELECTER + Banda por confirmar

Sala Capitol – Compostela (GaliZa)
Mércores, 23 de maio ás 20:00h

THE SELECTER é unha das bandas que protagonizou o fenómeno TWO TONE, xunto a The Specials, Madness, The Beat, Bad Manners e The Bodysnatchers principalmente.

THE SELECTER foi descrita como ‘A conspiración para facer bailando o único xeito de camiñar’.

Neste ano 2012, THE SELECTER, amosa o regreso do ska máis vital e visceral, reunindo na parte vogal ao dueto orixinal da banda, a icona femia PAULINE BLACK e ao carismático GAPS ‘DE KILLA’ HENDRICKSON, capaces de xuntar de xeito extraordinario clásicos coma ‘On My Radio’, ‘Three Minute Hero’, ‘Missing Words’ e ‘Too Much Pressure’ ao carón dos temas do seu novo disco ‘Made In Britain’ para vellos e novos seguidores desta lexendaria banda.
Volveron xuntarse en 2010 con motivo do 30 aniversario de Too Much Pleasure, un dos seus grandes éxitos durante a década dos 80 e dende entón non cesaron de dar concertos ademais de meterse no estudo para gravar un novo album, Made In Britain, publicado hai uns meses. Un disco que segue mostrando o recoñecible estilo e compromiso social dun dos grupos máis destacados do Two Tonexunto a Madness e the Specials, dende logo un traballo máis que digno coa consabida mestura de ska, reggae.

De actualidade tamén pola edición da biografía da súa cantantePauline Black, considerada unha das mellores voces do skai, osSelecter viviron os anos da recesión dos 80 e o “Thatcherismo” e volven en plena crise mundial. Parece que lles gusta o movemento e iso nos

AXENDA

Facebook