Terbutalina + John Happy Driver

Abril 26, 2013

nota:

Tras un 2012 no que revolucionaron os escenarios de toda Galicia, Terbutalina volve aos escenarios e faino cun novo disco baixo o brazo. Gravado en Belgrado, “Ritmo serbio” contén cancións rápidas e directas aos pulmóns que inciden na fórmula Terbutalina: festa, velocidade e empanada. Bailen, hostia! BAILEN!

Nesta visita a Ferrol irán montados no autobús dos John Happy Driver. Se pasas unha tarde no desguace e arrimas pezas de aquí e de alá, acabas facendo o autobús de remendos. Ese autobús viaxa polo punk de palleiro. Eso si, da man de John Happy Driver.

AXENDA

Facebook