sorteamos un abono para PortAmérica 2013

Xuño 28, 2013

No seu X aniversario orelludo, este portal quere invitar a unha ou un de vós a asistir a un dos festivais do verán. Para iso sorteamos un abono para os 3 días de actuacións tan atractivas e variadas coma as de Café Tacuba, Editors, Vetusta Morla, Los Coronas, The Gift, Niños Mutantes, La Habitación Roja, Standstill, Delorean, Lori Meyers …

Para participar tedes que compartir no voso perfil de Facebook o cartel do festival que está no taboleiro de Ábrete de orellas e enviar un correo co asunto: “PortAmerica 2013” a abretedeorellas@gmail.com. Na mensaxe indicades o voso nome completo e por que vos presta asistir ao festival.

O luns 1 de xullo pola mañá realizaremos o sorteo na nosa redacción,

Deseguido, comunicarémonos c@ afortunad@ para pedirlle o seu DNI.

AXENDA

Facebook