Sidney Selby “Guitar Crusher” + Marcos Coll

Novembro 07, 2014

nota:

Sidney Selby ou Guitar Crusher nace no 1931 no condado de Hyde, Carolina do Norte, en plena Gran Depresión, onde comezou traballando nos campos de algodón durante a súa xuventude, ao mesmo tempo que aproveitaba para formar e exercitar a súa voz de barítono no prestixoso coro Pilgrim Baptist Church, continuando cunha tradición que deu lugar a toda unha xeneración de cantantes de blues da súa época.
Trasladouse a Nova York nos anos 50, deixando de lado unha prometedora carreira como boxeador que o levaría aos Golden Gloves para formar a súa propia banda de blues, The Midnight Rockers, coa que comezou a atraer a un gran número de seguidores no estado.
No ano 1960 marcou o inicio dunha década de actuacións cos artistas máis famosos da época como The Drifters, The Isley Brothers, Ben E. King e outros grandes talentos do R&B que floreceron durante o renacer musical da mesma época. Tras asinar con Columbia Records e permanecer baixo contrato nos 70, no momento en que novos estilos musicais comezaban a ocupar a nova escena americana, nos anos 80 Guitar Crusher dirixiuse a Europa, a unha nova escena do blues que o recibiu e como a lenda viva que é a día de hoxe. O cantante e compositor agora internacionalmente coñecido, gravou un gran número de álbums cantando temas propios coa forza e seguridade da súa voz de inflexión gospel.
A súa potencia vocal provocou que recibira o alcume de “A Gran Voz de Nova York” e a reputación de cabeza de cartel en todo o circuíto de blues europeo.
Un dos últimos bluesman auténticos que viviu a historia do blues desde as súas orixes e que gravou con lendas da música e especialmente da guitarra, como Alvin Lee (Ten Years After) ou Elmore James, ambos considerados entre os mellores guitarristas da historia.
Aos seus 83 anos, rexeita sentarse un só minuto nas máis de 2 horas que abarcan os seus concertos, sorprendendo e facendo sentir vello ao público que moitas veces é até 3 xeneracións máis novo ca el.

12€ ANTICIPADA // 15€ BILLETEIRA

-A Reixa Tenda
-Teatro Principal (18 a 21h de Martes a Sábado)
-Salacapitol.com
-entradas.abanca.com / 902 434 443

AXENDA

Facebook

21:30 h.
Sala Capitol, Santiago de Compostela.
12 / 15 €