nota:
Priscilla Band|Funk | Bilbao. Unha das mellores bandas de España..
Xavier Urrutikoetxea: batería; Lander Pérez: baixo; Xavier Vellé: guitarra, coros; Joseba Negro: Hammond, pianos, coros; Iskander Besga: saxo alto; Álex Hazas: saxo tenor; Julen Yarritu: saxo barítono; Urtzi Martín: trompeta; Juantxu García: voz principal.
É unha banda de funk creada en Bilbao no 2005. A única no seu xénero en todo o país que fai música funk en castelán. Priscilla Band está de volta con Xalala Kale; preséntanos unha colección de nove cancións de corte deep funk totalmente old school que foi gravada integramente en analóxico nos estudios Funkameba de Madrid baixo a atenta supervisión de Santi Martín. Os seus concertos, con nove músicos en escena, converten a sala nunha gran festa, co obxectivo de facer bailar e axitar ó público. Todo isto sucede grazas á forza e a alma que desprenden a súa incombustible base rítmica, a súa potente sección de ventos e o carisma e desenvoltura do seu frontman. En abril do 2012 publicouse Olor a Fonk, a súa primeira referencia discográfica (Priscifunktoría, 2012), que serviu ao grupo de escusa para botar vinte meses de xira por todo o país. Isto fíxolle gañar corda como testemuñan o segundo posto conseguido no III Concurso de Bandas Imaginafunk, no 2013, e o terceiro no XXIV Concurso Internacional Pop Rock Villa de Bilbao no 2012. Tamén participaron en numerosos festivais; foron cabezas de cartel do Caño-On Festival 2013, celebrado en Tarancón, o Slap! Indoor Festival 2013 de Zaragoza e o XXIII Festival de Jazz de Lugo.