Primeiros artistas anunciados no programa de WOSINC – Do 11 ao 13 de Setembro en Santiago de Compostela

Xullo 21, 2015

nota:

Os primeiros artistas confirmados son oito propostas musicais, unha escénica e a colaboración cunha estrea cinematográfica.

Noveller, proxecto musical da compositora e cineasta norteamericana Sarah Lipstate, a banda canadense de shoegaze/noise No Joy, o rock do deserto do artista de Níxer Mdou Moctar e a prolífica multiinstrumentalista polaca Ela Orleans son as primeiras incorporacións internacionais ao programa musical desta segunda edición. Tamén están incluidos os artistas nacionais Niño de Elche, My Expansive Awareness, Bala e Cuchillo de Fuego.

Voltage Opposites, a primeira participación no apartado de artes escénicas, presentarán o seu novo espectáculo Microimpactos que camiña entre a arte sonora, a danza contemporanea e o tratamento audiovisual.

Además estrearemos en colaboración coa sala de cine e distribuidora NUMAX a película “Los Hongos”, dirixida polo emerxente director colombiano Óscar Ruiz Navia, e que ven de recibir numerosos premios antes de ser estreada en Francia o pasado 27 de maio con gran acollida de crítica e público. A proxección será de pago e aberta a todos os públicos e os aboados a WOSINC terán a oportunidade de asistir ás proxeccións dous días antes da súa estrea no resto de salas estatais e a un precio reducido.

Algúns dos primeiros 100 abonos a un precio reducido de 30€ aínda se poden adquirir na páxina web do evento ata o próximo 1 de agosto ou fin de existencias.

A convocatoria para formar parte da Incubadora de WOSINC está aberta ata o próximo 24 de agosto, e nace co obxetivo de crear un campo de probas real para novos proxectos e start-ups no marco da innovación cultural, tecnolóxica e de comunicación. As solicitudes pódense presentar directamente na nosa páxina web.

WOSINC é un encontro de carácter anual que defende unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Coa música como motor principal pero cunha clara vocación multidisciplinar, promove, a partir dun contexto íntimo, a búsqueda e difusión de novas propostas culturais.

Música, artes visuais, artes escénicas, coloquios, conferencias e gastronomía danse cita do 11 ao 13 de Setembro en 10 espacios emblemáticos de Santiago de Compostela.

Descarga aquí o presskit.

SALA CAPITOL
Capitol é un antiguo cine convertido en sala de concertos. Atópase dentro do casco vello de Santiago de Compostela.

MERCADO DE ABASTOS
Está ubicado no histórico, sendo o segundo lugar máis visitado da cidade. Experiencia, cultura e gastronomía enmarcados nun entorno arquitectónico histórico e único.

TEATRO PRINCIPAL
O Teatro Principal está ubicado na mesma zona monumental
compostelana, foi construido en 1842, e no ano 1988 levouse a cabo unha reforma que o ten renovado para dar cabida a todo tipo de artes escénicas e musicais.

IGREXA DA UNIVERSIDADE
Xunto á Facultade de Xeografía e Historia levántase a Igrexa da Compañía ou da Universidade. Fue construida polos xesuitas no século XVII. Na actualidade emprégase como espazo multidisciplinar.

FUNDACIÓN SGAE
A sede compostelana da SGAE é un edificio singular sito nunha antiga finca señorial reconvertida en parque público, de sinxelo acceso dende a zona monumental.

ZONA C
Zona C é unha pequena sala multidisciplinar que é capaz de
albergar dende un concerto a unha exposición de arte. Ubicado xunto do CGAC e a poucos minutos andando da zona histórica.

MUSEO-FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL
Atópase na Praza do Toural, centro do casco vello, nun edificio do século XVII que acolle unha importante colección surrealista. Trátase dunha das poucas azoteas transitables do Santiago histórico.

CGAC
O Centro Galego de Arte Contemporánea foi deseñado polo portugués Álvaro Siza, está nas nmediacións da zona vella, pegado ao popular Parque de Bonaval, deseñado polo mesmo arquitecto.

SALÓN TEATRO
Inaugurado no mes de outubro de 1920, o Salón Teatro constituíse de seguido en referente cultural de Santiago. Cine, teatro, música e outras manifestaciones artísticas se suceden neste edificio. Dende 1999 é a sede do Centro Dramático Galego.

NUMAX
É un cine, unha librería e un laboratorio de deseño, comunicación e producción audiovisual. É a sede dunha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro formada por persoeiros de diversos ámbitos da creación e difusión cultural.

AXENDA

Facebook