Pablas Jazz 4.0

Maio 21, 2015

nota:

Pablas Jazz: guitarra; Álex Troya: saxo; Evaristo Frieiro: baixo, contrabaixo; Marco Mendoza: percusión.

Nace como desexo de integrar unha formación de longo percorrido tras esporádicos concertos e experiencias musicais de curta duración dos seus compoñentes. Os piares do grupo dende o primeiro día radican en buscar un repertorio alternativo que amose a riqueza e a variedade do jazz menos “habitual” incluíndo recursos orquestrais modernos como a guitarra fretless con sustainer , efectos, loopers e sonoridades máis propias doutros xéneros como o rock progresivo. Todo isto co obxectivo de preservar sempre o factor sorpresa e o engado do imprevisible como fíos conceptuais dun concerto que pretende mante-lo público no aire e dentro dunha atmosfera única.

AXENDA

Facebook

1 day ago

Ábrete de orellas
@Alana.trío www.facebook.com/profile.php?id=61551226653522 estrea "O xeito á cantigha"’, o seu primeiro disco. "Liñares" é o videoclip de presentación dun álbum nacido das recollidas tradicionais que o grupo mestura con ritmos de base electrónica e pop.Urdime ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:00 h.
Club Clavicembalo, Lugo.