O Sonoro Maxín, A Compañía do Ruído, a Magnifique Bande dos Homes sen Medo … na Feira da Primavera no Barrio de San Pedro.

Maio 01, 2013

O sábado 4 de maio celébrase a Feira da Primavera do compostelán barrio de San Pedro que por primeira vez tamén ocupará a rúa dos Concheiros

nota:
Un ano máis a Comisión de Festas do Barrio de San Pedro organiza a Feira da Primavera, que este ano ten por principal novidade a ampliación a toda a rúa dos Concheiros, que se unirá ás rúas e espazos habituais: Rúa de San Pedro, Cruceiro de San Pedro e Praciña de San Pedro. Desta maneira, duplícase a capacidade da Feira que chega aos 210 postos que, sumados aos establecementos do barrio, suman máis de 300 postos e terrazas.

Este ano duplícanse tamén as actividades paralelas á Feira, cunha importante programación, onde destacan os maios, a sesión vermú, o concerto de Xerock e os tres concertos da noite que financian -por vez primeira- os bares e restaurantes do Barrio (Magnifique Bande dos Homes sen Medo, O Sonoro Maxín e a Compañía do Ruído).

Hai que salientar que estará prohibido circular e aparcar tanto na rúa de San Pedro como en Concheiros entre as 8.00 da mañá e as 24.00 do 4 de maio. O Concello informará dos percorridos alternativos para os automóbiles por Home Santo e a Angustia.

Agradecementos

A Comisión de Festas quere agradecerlle aos veciños e veciñas a súa colaboración, así como aos comerciantes e, sobre todo, ás moreas de voluntarios/as que están a traballar para que isto sexa posible. Convidamos a toda a cidade a que veña con nós a disfrutar da Festa da Primavera.

Programa da Feira 2013: sábado 4

12:00 Construción dos Maios (Praza 8 de Marzo)
Pasarrúas: Art-monium (Rúa de San Pedro)
Pasarrúas: Coro Cutún (Rúa Concheiros)
Visita guiada ao Museo do Pobo Galego. Exposición de Mapas Antigos de Galiza. (Praza 8 de Marzo)

13:00 Pasarrúas-regueifeiro: Triroliro (Rúa Concheiros)
Obradoiro: Danza para nenas/os. Espazo Aberto. (Praciña de San Pedro)

13:30 Sesión Vermú: O Sonoro Maxín (Rúa Concheiros)
Pasarrúas: Grupo de Gaitas da Xuntanza e Cabezudos (Rúa de San Pedro)

16:00 Concerto: Xerock (Praza 8 de Marzo)
Espectáculo Infantil: A Historia de Brancaflor (Praciña de San Pedro)
Pasarrúas: Oito nun piso (Rúa Concheiros)
Pasarrúas: A Magnifique Bande dos Homes sen Medo (Rúa Concheiros)

17:00 Procesión do Maio cos Tabernícolas (da Praza 8 de Marzo a Concheiros)
Mostra de Danza: Baile moderno e hip-hop. Centro Starben (Praciña de San Pedro)

18:00 Pasarrúas: Art-monium (Rúa de San Pedro)
Obradoiro: Danza para adultas/os. Espazo Aberto. (Praciña de San Pedro)
Espectáculo Infantil: A Historia de Brancaflor (Rúa Concheiros)

19:00 Pasarrúas: Coro Cutún (Rúa Concheiros)
Obradoiro: Tango. Espazo Aberto. (Praciña de San Pedro)
Obradoiro: teatro para nenas/os (No local de Espazo Aberto)

20:00 Pasarrúas: Art-monium (Rúa Concheiros)
Danza Oriental: As Feiticeiras (Praciña de San Pedro)
Astronomía na Beirarrúa (Cruceiro de San Pedro)

21:00 Concerto: A Magnifique Bande dos Homes sen Medo (Praza 8 de Marzo)
Concerto: O Sonoro Maxín (no principio da Rúa Concheiros)
Concerto: A Compañía do Ruído (no final da Rúa Concheiros)

23:00 Queimada-Popular: O Chamán do Baixo Miño (Rúa Concheiros)

AXENDA

Facebook

12 minutes ago

Ábrete de orellas
⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook