Neneh Cherry, Maria del Mar Bonet e James Holden & The Animal Spirits, pratos fortes do ciclo Selección Noroeste 2018

Xuño 20, 2018

Nota:

O 32º Festival Noroeste Estrella Galicia repetirá por segundo ano consecutivo a súa aposta por abrirse a novos públicos e formatos e contará con tres directos singulares a cargo de tres artistas internacionais que poderanse gozar comodamente desde o patio de butacas

Neneh Cherry inaugurará a Selección Noroeste o martes 7 de agosto no Teatro Colón, mentres que o mércores 8 chegaralle o seu turno á cantautora Maria del Mar Bonet, que celebrará os seus 50 anos de escenarios cunha actuación única sobre as táboas do Colón

Pola súa banda, James Holden & The Animals Spirits darán renda solta á súa cegadora electrónica con trazas de jazz e folk espiritual o mércores 8 de agosto no Teatro Rosalía Castro

As entradas para os tres concertos de carácter intimista que compoñen o ciclo Selección Noroeste 2018 estarán dispoñibles a partir do luns 2 de xullo a través da plataforma ticketea

AXENDA

Facebook

48 minutes ago

Ábrete de orellas
Este xoves comeza unha nova edición do MUMi - encontro profesional de música de Galiza e Portugal. Alí estaremos como medio nos faladoiros e showcases de venres e sábado. A maioría destes concertos son abertos ao público. Consultádeos nas súas redes sociais. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook