Mad Martin

Agosto 23, 2018

nota:

22.00 MAD MARTIN (rockabilly) – San Paio de Antealtares

Debutaron no 2014 con “It Was A Very Good Year”, despois veu “Seven Lucky Shots” (2014) e “Time To Go Mad” (2015), publicado en Escandinavia polo selo sueco Vintjärn Records. “Eileen”, incluído en “Time To Go Mad” foi escollido entre os 100 favoritos do ano no programa El Sótano de Radio3 de Diego R.J. No 2015 foron os gañadores en Madrid do concurso “Azkena Rock Party” entre un número considerable de bandas e participando na edición dese ano do Azkena Rock Festival. Dende entón non pararon de tocar por media Europa e toda a xeografía española. Agora presentan “Tornado”, un vinilo en 10” financiado cunha exitosa campaña de crowdfunding, producido por Mike Mariconda e gravado en Barcelona nos Estudios Sol de Sants. Nel poderás encontrar temas propios e algunhas versións como “Tornado”, dos Jiants, que da título ao disco e que é unha das favoritas da banda.

Mad Martin trío son:
Martin Esturao, “Mad Martin” (voz, guitarra)
Francisco Sieira, “Fran Trilli” (batería, coros)
José Miguel Martínez, “Mikelini” (contrabajo, coros)

https://www.reverbnation.com/madmartintrio

AXENDA

Facebook

22:00 h.
San Paio de Antealtares, Santiago de Compost6ela.
De balde.