Luis Pastor

Xuño 01, 2013

10 € / 5 € (soci@s)
Luis Pastor une poesía e compromiso no seu novo álbum ¿Qué fue de los cantautores?, coincidindo cos seus 40 anos ce carreira. Se alguén quere coñecer en catro minutos o fenómeno da canción de autor en España, que non perda o tempo e escoite ¿Qué fue de los cantautores?, a canción que abre e da título ao último álbum de Luis Pastor. Enlazando o ‘spoken word’ co romanceiro tradicional, o século XXI co XVI, o cantautor estremeño, que nunca renegou da súa condición, dá un repaso, en todos os sentidos, á historia da canción de autor desde os seus comezos nos 60 (“Éramos tan libertarios, casi revolucionarios, ingenuos como valientes, barbilampiños sonrientes…”) ata hoxe (“…Hay cantautor para rato. Cantautor a tus canciones, Zapatero a tus zapatos”) nunha canción lúcida, realista sen perder o sentido do humor e verdadeira crónica social dun tempo e dun país tantas veces ingrato e inxusto coa súa cultura. A canción percorre medio século da canción de autor en España sen deixar títere con cabeza, coa fachenda do resistente (“De los muchos que empezamos, de los pocos que quedamos, de los que aún resistimos, de los que no claudicamos, aquí seguimos. Cada uno en su trinchera, haciendo de la poesía nuestro pan de cada día…”) e poñendo os puntos sobre os is en forma de verdades como puños. Sen nostalxias nin amarguras, asumindo o rol e sempre mirando á fronte con esperanza, pero chamando ao pan, pan, e ao viño, viño. ¿Qué fue de los cantautores? é a canción que abre o álbum, a que lle dá título e é a súa bandeira, pero sería inxusto limita-lo repertorio do disco a este tema, porque hai outros, todos compostos por Luis Pastor, que se apartan desta temática para lanzar con forza outras propostas musicais e poéticas, co compromiso que lle acompaña dende os seus comezos hai corenta anos, cando publicou o seu primeiro single. Aos 14 anos, Luis Pastor, deixou a escola para traballar de botóns nunha compañía de seguros. Aos 16 mercou a súa primeira guitarra, aos 17 escoitaba a Paco Ibáñez e aos 18 xa cantaba nos centros de emigrantes de Alemaña, Francia e Bélxica. En 1972 publicou o seu primeiro single (La huelga del ocio) e o seu primeiro álbum (Fidelidad) apareceu en 1975. Despois chegaron Vallecas (1976), Nacimos para ser libres (1977), Amanecer (1981), e moitísimos máis… Luis Pastor ten composto tamén para Cesaria Evora, Carmen Linares, Joao Afonso, … e cantou a dúo con Miguel Ríos, Martirio, Pedro Guerra, Dulce Pontes, Bebe, Javier Álvarez, … Pasaron catro décadas e 20 discos dende os seus comezos e, a punto de cumrlir os 60 anos, Luis Pastor mantense leal ao título do seu primeiro álbum. Fiel a unha actitude, a uns principios, a un compromiso e a un xeito aberto de facer música.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:30 h.
Bar Liceum, O Porriño.
5 / 10 €