Kurt Elling

Novembro 12, 2012

O estadounidense Kurt Elling protagoniza a terceira cita co ciclo Jazzatlantica organizado pola Orquesta Sinfónica de Galicia.

O seu concerto terá lugar o luns 12 de novembro ás 21 horas no auditorio do Centro Social Ágora na Coruña e as entradas poden adquirise na taquilla de Novacaixagalicia.

A crítica salienta nel a profundidade e ampla visión das súas gravacións e estilo interpretativo. De 1995 a 2003 editou 6 álbumes co prestixioso selo Blue Note. Actualmente edita con Concord e vén de publicar “1619 Broadway: The Brill Building Project”, onde canta composicións de Paul Simon, Carole King, Sam Cooke, Bacharach and Davis, Duke Ellington …

Unha desas citas para non perder, como amosou hai anos na súa anterior visita a Galiza dentro do festival de Jazz de Pontevedra de 2007.
A Orquesta Sinfónica de Galicia presenta Jazzatlántica, un ciclo de concertos con algúns dos mellores intérpretes do momento no centro Ágora e no Teatro Rosalía de Castro.

Todos os concertos ás 21h.

31 de outubro (mércores)
Ambrose Akinmusire no Ágora.

7 de novembro (mércores)
Wayne Shorter Quartet no Teatro Rosalía.

12 de novembro (luns)
Kurt Elling no Ágora.

20 de novembro (martes)
Paquito D”Rivera no Ágora.

26 de novembro (luns)
Christian Scott no Ágora.

28 de novembro (mércores)
Abe Rábade Trio no Ágora.

1 de decembro (sábado)
China Moses no Ágora.

Entrada:

Prezo de localidades soltas:
– Ágora: Patio de butacas+Anfiteatro: 15 euros.
– Teatro Rosalía: Patio de butacas+plateas+palcos: 15euros// Anfiteatro + Palcos de Anfiteatro+ Tertulia + xeral: 10 euros.

Prezo dos abonos: 94,5 euros (Non se vende en abono Anfiteatro , palco de Anfiteatro, Tertulia e Galería do Teatro Rosalía).

Facebook