Javier Bergia

Novembro 15, 2013

presentará o seu último traballo, “Punto y aparte”, que se publicou o 24 de setembro de 2013. Estará acompañado por Begoña Olavide, pioneira na recuperación e interpretación do salterio, un instrumento de corda moi representativo na música medieval europea.

“Punto y Aparte” é a última entrega deste prolífico autor madrileño. Neste traballo, no que colaboraron entre outros Pedro Pascual e Germán Díaz, móstranos un retrato poético do mundo fermoso e atroz no que vivimos, co selo inconfundible que acompaña os xa trece discos da súa carreira.

Nos anos 80 xurdiu en Madrid unha xeración de novos músicos na que se situou desde o principio en primeira liña Javier Bergia (Madrid 1958). Hoxe, 25 anos despois, as súas cancións siguen a proclamar un universo sonoro que destila melancolía, asumindo de xeito sinxelo e nada forzado todos os xéneros. Na súa condición de letrista e compositor é onde este xenuíno personaxe colleitou os seus mellores logros. Bergia conta xa con doce discos, polos que fará un percorrido neste concerto.

AXENDA

23:00 h.
Casa Ardá, Limodre, Fene.
3 / 5 €