II Jamaican Session

Xaneiro 21, 2012

Ritmos xamaicanos enchen a Iguana

A Asociación Cultural Minho Reggae, da man do músico Antonio Rodríguez, organiza este sábado día 21, a II Jamaican Sessión na sala viguesa La Iguana a partir das 23.30 horas. O custe da entrada é de tres euros.

Os clásicos xamaicanos do reggae, do ska e do rocksteady da década dos sesenta e setenta serán os protagonistas dunha noite que promete, ademais de boa música, bo ambiente e tamén participación, porque todo aquel que o desexe e traia o seu instrumento poderá subir ao escenario para sumarse a unha noite máxica.

Temas de Jimmy Cliff, Eric Morris, The Skatalites, Arthur “Duke” Reid ou Don
Drummond comporán o repertorio dunha sesión que interpretarán recoñecidos músicos da escena local, membros de bandas como Dakidarría, Transilvanians, Zamaramandi ou Meninos Carentes, baixo a dirección de Antonio Rodríguez, trombón de Dakidarría e Transilvanians.

Eles serán os encargados de enriquecer eses clásicos que influíron en boa parte das bandas reggae da actualidade, introducindo novos matices que xurdirán da improvisación e do directo. Unha das poucas oportunidades que temos na cidade de Vigo de escoitar reggae, ska, e outros estilos xamaicanos, nunha sala das características da Iguana.

Facebook

23:30 h.
La Iguana Club, Vigo.
3 €