nota:
Tres músicos alentejanos e unha artista visual nun espectáculo intimista, á volta das modas e cancións que celebran a utopía e cantan este inmenso territorio poético ao sur do Texo. As polifonías do sur, o Cante Alentejano, a viola campaniça e as percusións, entre abordaxes tradicionais e reinventadas, crean unha sonoridade fresca, unhas ganas de continuar a celebrar este inmenso sur con sons vellos e novos, que forman parte do imaginário colectivo. O grupo ten unha forte compoñente visual – os espectáculos teñen deseño dixital ao vivo.
David Pereira (Viola Campaniça e Voz), Bernardo Espiño (Voz, percusións), António Bexiga (Viola campaniça, percusións, melódica, piano, coros) e Cristina Viana (deseño dixital ao vivo).