fuel fandango

Decembro 15, 2011

entradas anticipadas no Teatro Jofre: www.ferrol.es/jofre
e no propio CC Torrente Ballester o dia do concerto

Desde o comezo con “Shiny Soul” amosan por onde van os tiros, ou mellor habería que dicir os pasos … de baile. O núcleo deste proxecto son a cordobesa Nita que comezou con copla e flamenco para rematar en proxectos de soul, funk e electrónica e o DJ de Lanzarote Ale Acosta, que xa sabe de que vai isto, pois militou nos Mojo Project e produciu, masterizou e remesturou a artistas como Enrique Morente, The Pinker Tones e Chambao. Xa vedes, unha parella perfecta para preparar este baño de rock, funk, electrónica e ese chisco de flamenco. Acorde coa proposta, o álbum foi masterizado en Londres con Simon Daveys (Björk, Depeche Mode, Chemical Brothers…), mais todo sería un “produto” de idea ben laboratorizada se as cancións non funcionasen. E vaia se o fan, pois abondan os hits desde “Shiny Soul” que abre o álbum ate o remate máis sosegado de “Lifetime”, pasando por “The Engine”, “Hype” ou “Uh Uh”. A produción non peca de sobreelaborada e as baterías, voces, guitarras, sintetizadores e algunhas programacións fican “al dente”, xa sexa para entregarse ao baile, á relaxación ou case á reflexión. O caso é deixarse levar.
Pepe Cunha 12-marzo-11.

AXENDA

Facebook