As melodías que nos propoñen Diego Galaz e Jorge Arribas neste espectáculo son, case na súa totalidade, composicións orixinais de ambos músicos. Suxírennos unha viaxe a través da música popular, tradicional ou ate de cabaret, mais tamén dalgúns outros estilos que influenciaron a este sorprendente dúo. Valses, fandangos, boleros, tarantelas, sons mediterráneos, ritmos do leste de Europa e influencias da música castelá, son algúns dos ingredientes fundamentais deste concerto.
Diego Galaz: Violín, violín trompeta, phonoviolín, serrucho e mandolina.
Jorge Arribas: Acordeón, vibrandoneón, flauta traveseira e metalófono.
Featured