Espectáculo de radio ao vivo aberto ao público e convidados en palco nunha sucesión de intervencións curtas e dinámicas para gravar en podcast e emitir ao mundo pola Internet. Presenta e conduce Xurxo Souto:
Sés
Trioliro
Regueifeiros DJ
Paulina Ceremuzynska
Novos Diplomáticos
ConVersos
Aula Folque Infantil
Entradas a disposición do público 1 hora antes do espectáculo na billeteira do teatro.