Familia Caamagno

Marzo 21, 2014

nota:

Tras editar no 2012 as súas dúas primeiras referencias sonoras (o homónimo EP de debut e o sinxelo “Cantan polo Nadal!”) e despois de recorrer toda a xeografía galega co seu bailongo directo convertíndose nunha das revelacións da música actual galega, a Familia Caamagno arranca o 2014 co seu flamante novo EP, o vibrante e marchoso “Hai que andar cos tempos!”. Rexistrado nos estudios analóxicos Circo Perrotti de Xixón baixo a supervisión de Jorge Explosión, e editado polo selo compostelán Lixo Urbano, ofrece o mesmo que as galas dos Caamagnos: bailes trepitandes e diversión mongólica.

Apertura de puertas 22:30 . Anticipada en Discos Portobello a 5€.Taquilla: 7 €.

AXENDA

Facebook

22:30 h.
Sala Mardigras, A Coruña.
5 / 7 €