Cargando eventos

« Todos os eventos

The Fuzztones

Novembro 24 @ 20:30 - 22:30
24€ - 28€

nota:

entradas

A banda neoiorquina é lenda viva do garage rock. Liderados por Rudi Protrudi, levan máis de catro décadas incendiando escenarios cun explosivo cóctel de garage, psicodelia e rock’n’roll primitivo. O seu son, marcado polo inconfundible órgano Vox Continental e guitarras cargadas de fuzz, converteunos na banda máis influínte e respectada do revival garage a nivel mundial.

Con discos como Lysergic emanations, In heat ou Monster a go-go, e coa súa aposta por un son deliberadamente primitivo, psicodélico e afastado das tendencias dominantes, The Fuzztones contribuíron a abrir camiño para toda unha xeración de bandas, ao tempo que manteñen intacta a súa reputación como unha das mellores bandas de directo do circuíto garage. A súa pegada pode rastrexarse en formacións como The Hives ou The Horrors, e na influencia recoñecida por músicos doutras escenas, como Mark Arm, de Mudhoney.

E hoxe, máis de 40 anos despois, The Fuzztones seguen reivindicando ese espírito inconformista e mantendo unha actividade constante sobre os escenarios. A súa permanencia é tamén unha declaración de principios: o garage rock non é unha reliquia nin un exercicio de arqueoloxía musical, senón unha forma de entender e vivir o rock’n’roll que segue plenamente vixente.

Ver a The Fuzztones en directo é asistir a unha celebración do rock máis visceral, hipnótico e auténtico. É unha lección maxistral de como manter vivo o espírito do garage dos sesenta sen soar a peza de museo. Sempre intensos, crus e magnéticos. Un concerto de The Fuzztones é un xenuino ritual de rock and roll abrasivo, suor e distorsión.

O Outono Códax conta coa colaboración de Bodegas Martín Códax e o apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo.

Apertura de portas ás 20 h.

ENTRADAS

PREZO : 24 € (+gx) en venda anticipada | 28€ na billeteira da sala
ENTRADAS ONLINE: salacapitol.com
ENTRADAS FÍSICAS: A Reixa Tenda – Matrioska (Santiago)

Detalles

  • Data: Novembro 24
  • Hora:
    20:30 - 22:30
  • Custo: 24€ - 28€