Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

¡Pendejo! + Luciférnaga

Marzo 22 @ 22:00

15€ - 18€

nota:

O público de Mos e da área de Vigo aficionado ao bo rock e ao heavy ten unha cita ineludible este venres, 22 de marzo, ás 22 horas na sala Rebullón: ¡Pendejo!, acompañados dos vigueses Luciférnaga. As entradas están á venda na cantina do centro social As Pedriñas a 15 euros, tamén online por 15 euros (máis gastos de xestión), e a 18 euros en billeteira.

Como parte da súa xira europea, ¡Pendejo!, o enérxico grupo de rock en español chegado dos Países Baixos, programou só un concerto en Galicia, na sala Rebullón. En España actuarán unicamente en Euskadi, Madrid e Barcelona, para logo continuar subidos a escenarios de Francia, Bélxica e dos Países Baixos.

Fundado no ano 2007, ¡Pendejo! (vídeos) é un grupo de heavy rock holandés, que se define como unha combinación de metais pesados, riffs brutais, tambores contundentes, collóns e letras en español, tallantes e directas. A súa música, descrita como áspera e grooveira, engancha e incluso crece nos seus concertos, grazas ao toque distintivo que lle dá o uso de instrumentos de vento como as trompetas.

Fundada por dous primos holandeses, a longa vinculación con América do Sur dos integrantes da banda lles permite construír as súas cancións en castelán, unha voz grave, potente e un acento latino moi particular que se suma a unha linguaxe rock enérxica e con moito ritmo.

Desde o seu primeiro espectáculo en Caracas no 2007, ¡Pendejo! realizou numerosas xiras por Europa e América latina, compartindo escenario con pesos pesados da escena rock como Fu Manchu, Karma to Burn, Mondo Generator e Helmet, entre outros. Ademais, no ano 2018, acompañaron a Monster Magnet na súa xira por Europa.

Na Rebullón, o grupo contará cuns teloneiros de excepción: Luciférnaga. Da parroquia viguesa de Candeán, os seus integrantes levan máis de 20 anos de traxectoria en bandas recoñecidas do rock e do metal galego, como Supa Scoopa, The Mirage, Supernatural, In.Verno, N.O.T. ou Mano de Piedra. Luciférnaga ofrece unha viaxe sonora onde os riffs pesados e envolventes se combinan con letras introspectivas e evocadoras.

Despois de Luciférnaga, ¡Pendejo! tomará a Rebullón para presentar o seu último traballo, Volcán, publicado no 2023 e moi ben acollido polo público. É o seu cuarto álbum, grabado o outono pasado co prestixioso produtor Pieter Kloos, dando continuidade á esa área salvaxe na que se atopan os metais coas guitarras. Unha oportunidade única de vivir en directo un rock divertido, sólido e vacilón: ¡Pendejo!

Detalles

Data:
Marzo 22
Hora:
22:00
Custe:
15€ - 18€

Recinto

Sala Rebullón
Tameiga
Mos, Galiza
+ Google Map