Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

MADALENA GAMALHO

Marzo 30, 2023 @ 21:00

6€

nota:

MADALENA GAMALHO

Unha das grandes voces emerxentes do panorama musical galego. Cantora e compositora con ampla formación en técnica vocal e unha especial conexión co mundo lusófono.

Iniciou o seu percorrido musical no 2015, en formacións coma Nota Bene ou Os Meninos, actuando en Galiza e Portugal. Vocalista na actualidade tamén da banda jazz folk Laroá, o seu proxecto persoal foi recentemente finalista no Concurso Fran Pérez “Narf”, pola súa “calidade musical” e polo “coidado” da súa proposta.

INVENTO (2022)

O seu disco estrela, un álbum de estudo resultado da súa evolución vital e vocal dos últimos anos, e da sinerxia e amizade con Iván Barreiro. Un proxecto que integra letras e melodías que convidan a conmover, conectar e reflexionar sobre o ser, sobre a vida e as súas contradicións.

Unha reconciliación co amor e as emocións humanas, transmitidas a través dun universo sonoro de eclecticismo e atrevemento. Con 10 cancións: 6 de autoría propia, 3 poemas musicados e unha versión da canción “Teresa Torga” de José Afonso.

Madalena Gamalho: voz

Iván Barreiro: guitarra

Bruno Couceiro: batería

Iria Iglesias: teclas

Rafa Morales: baixo

Javier Pereiro “GDjazz”: trompeta

 

Detalles

Data:
Marzo 30, 2023
Hora:
21:00
Custe:
6€

Recinto

Casa das Crechas
Vía Sacra, 3
Santiago de Compostela, Galiza
+ Google Map