Def con dos (Dos Tenores)

Maio 23, 2015

nota:

Dos Tenores Def con Dos

O grupo -que pode considerarse case galego, xa que naceu en Vigo nos oitenta- conta con lexións de seguidores dende os seus inicios. A súa popularidade comezou a medrar por mor da composición de bandas sonoras de cinema nos filmes de Alex de la Iglesia Acción Mutante (1993) e El día de la Bestia (1995), que neste 2015 cumplirá 20 anos.

Na actualidade con Dos Tenores -o seu novo traballo e tamén o nome da súa formación neste novo formato-, Def con Dos recupera o son rapeiro máis primitivo da banda a través de seis novos temas, entre os que destacan títulos como Sobreviviendo, Cuelga y espabila, ou Brutal doctor, banda sonora da próxima película do director gore catalán Dani Moreno, na que ademais Strawberry e Peón Kurtz -ambos membros do grupo- colaboran como actores. O público poderá gozar da súa música e as súas letras irreverentes no concerto que ofrecerán no Torreiro de Cans a noite do 23 de maio, configurándose como un dos pratos fortes musicais desta edición.

Ademais, Strawberry presentará na tarde do mesmo sábado 23 en Cans unha selección dos mellores videoclips da historia do grupo -nos que participaron realizadores como é o caso de Mikel Clemente- e tamén a súa última novela, Margen de Maniobra, a terceira xa do seu traxecto como escritor. Estes videoclips amosaranse coma un amplo catálogo de referencias á cultura popular e están maioritariamente marcados por elementos da ciencia ficción, o cine gore ou a serie z, pero sempre cunha intención de humor gamberro e provocador.

AXENDA

Facebook

5 hours ago

Ábrete de orellas
Por fin pasamos pola Guion clube clube de Pontedeume e está orelluda. Xa lles gustaría a moitas salas contar con esa disposición e espazo! E non podía haber mellor banda para vivir outro concerto intenso e nas distancias curtas que MOURA, das propostas máis interesantes do país nos últimos anos co seu rock progresivo-psicodélico enchoupado de ritmos e versos tradicionais.Spinda Records Spinda Records Luneda Producións Luneda Producións ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
00:30 h.
Torreiro, Festival de Cans, Porriño.
De balde