Crema de Gaita

Outubro 20, 2012

Rede Galega de Música ao Vivo

Crema de Gaita presentarán temas do novo traballo que están gravando tras o éxito de Tan Galego, o álbum debut desta formación.

Unha base do noso mellor licor tradicional, destilado ao longo da aprendizaxe da música de raigame pasarán polo escenario do Bar Liceum de O Porriño o sábado 20 de outubro.

Crema de gaita é un grupo folk con insignia distintiva que abrangue formas pouco convencionais na música folk concibida en Galicia, achegándose aos ritmos latinos como son o tango, o tumbao, os boleros, as habaneras ou a bossa nova xa que entende que Galicia posúe uns lazos culturais máis estreitos con Latinoamérica, a causa do fenómeno da emigración, que con outras culturas atlánticas que se tenden a fusionar habitualmente coa música galega. Non obstante, Crema de gaita non rexeita as influenzas euroatlánticas nin versións de temas da música tradicional galega, para demostrar as múltiples posibilidades que ofrece a gaita en numerosos estilos, fuxindo así do tópico no que está encadrada na actualidade.

ENTRADA: 5€ anticipada / 6€ taquilla / 3€ socios

AXENDA

Facebook

23:30 h.
Bar Liceum, O Porriño.
3 / 5 / 6 €