PREZO: 8 euros anticipada, 10 euros o mesmo mismo día
“Quen ve coraçoes” é unha páxina de internet onde a fotógrafa portuguesa Isabel Valentim foi publicando unha serie de textos e fotografías co leif motiv dos “corazóns casuais”, figuras de corazóns atopadas na natureza e espalladas polo mundo adiante.
Uxía, cantante galega que coñecía a Isabel dende anos atrás, namorouse das fotos e lle propuxo facer unha exposición na Casa das Crechas de Santiago de Compostela. A partir de aquí, o proxecto foi incorporando amigos incondicionais, namorados dos corazóns que non dubidaron en poñer o mellor deles mesmos e da súa arte ao servizo da causa. Para acompañar a inauguración montouse un concerto onde máis de 20 músicos de Galicia e Portugal se xuntaron para facer música “namorada”.
Acababan de nacer os CoraSons.