nota:
Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comenzado o concerto non se permitirá o acceso á sala)
Entradas: 22,00 / 26,00 € (1ª fila de principal – visibilidade reducida, 20,00 €) (carné xove, + 65 anos, persoas desempregradas, -20 %) (Familias numerosas, – 25 % (só no despacho de billetes))
(Todos os que acedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)
(Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no despacho de billetes ao mercar a entrada e no acceso ao Teatro Colón)
Gañador de nove premios Grammy (seis Grammy awards e tres Grammy latinos) e acredor de moitas distincións, Dionisio Jesús “Chucho” Valdés Rodríguez é natural de Quivicán, La Habana, Cuba.
Jazz Batá é o nome do novo proxecto deste gran pianista cubano. Trátase dun novo cuarteto de piano, contrabaixo e dous espectaculares sets de percusións, no que Chucho recupera o espírito dun dos seus discos máis importantes da súa carreira (“Jazz Batá, 1972).