cantigas de mulleres

Decembro 17, 2012

Velaquí unha compilación que levar polo mundo adiante e coa que presumirmos das cantoras e compositoras do noso país. Como ocorre cos proxectos deste tipo, poderiamos discutir se engadirmos algunha peza máis a estas dezasete, pero do que non queda dúbida é que a selección feita por Uxía Senlle atina cun abano de propostas que van desde as máis anovadoras da tradición ás máis fieis a ela. Porén, non esquece esas artistas que tamén engaden o seu chisco de inspiración e influencia noutras latitudes, como é o caso de Sés e a súa delicada “Fala de Mel” ou “Tris Tras” de Marful. Ademais destas dúas notabilísimas pezas, atopamos as de Lobalú e Mónica de Nut, que tampouco pertencen ao catálogo de FolMúsica, artífice da edición e, loxicamente, da maioría de artistas seleccionadas.

Ademais dun agasallo desde a portada -o fermoso deseño de O Pastor sobre a idea de “Muller-Sol”-, “Cantigas de mulleres” constitúe unha testemuña da escea feminina galega, do “cantar forte e poderoso das mulleres deste país que, tamén, ten nome de muller” (Uxía comenta no libriño). Nun mesmo cedé, desde as máis veteranas María Manuela, Malvela e Señora Carmen, até a diáspora das Ialma, o anovado son antigo de Doa ou Sondeseu, a mestizaxe de Uxía, a modernidade de Mercedes Peón e Mónica de Nut, a tradición de Leilía e Susana Seivane, a xuventude de Sonia Lebedynski (Fía na Roca) e Guadi Galego … Máis valor aínda coa presenza textual da grande poetisa Rosalía de Castro nun par de pezas e un bo feixe de notables músicos do país brillando canda as protagonistas.

Como canta Ugía Pedreira na peza da súa banda Marful “mulleres valentes que ensinan os dentes”, uns dentes fermosos, sensibles e fortes.

Pepe Cunha, 17-dec-2012

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook